O manifesto de KDE
Somos unha comunidade de persoas interesadas na tecnoloxía, no deseño, na documentación, e no activismo que traballamos en dar liberdade á xente a través do noso software. Por iso valoramos:
o goberno aberto, para fomentar a participación na nosa dirección e nos procesos de toma de decisións;
o software libre, para que o resultado do noso traballo estea dispoñíbel para todo o mundo e para sempre;
a inclusividade, para que calquera poda unirse a nós e participar;
a innovación, para que haxa un goteo constante de novas ideas que melloren a vida da xente;
a mancomunidade, para que a nosa unión perdure;
centrarnos nas persoas usuarias, para que o noso traballo sexa de utilidade ao maior número de xente posíbel.
É dicir, na procura do noso obxectivo, decatámonos de que estes elementos resultan esenciais para definirnos e manternos fieis a nós.
E a partir deses valores definimos as vantaxes e os compromisos de calquera proxecto de KDE.