Formar parte da comunidade internacional KDE confire certas vantaxes:
- Repousar sobre os ombros de xigantes:
- Aloxar proxectos na infraestrutura de KDE.
- Aproveitar a experiencia do equipo de administración de sistemas de KDE.
- Recibir apoio da comunidade en cuestións de desenvolvemento, documentación, tradución, probas, xestión de incidencias, etc.
- Aproveitar oportunidades de integración cun enorme ecosistema de produtos para persoas usuarias.
- Interactuar con equipos que comparten valores, favorecendo o intercambio de ideas e innovación.
- Contar coa representación e o apoio do KDE e.V.:
- Participar na Akademy e noutros eventos de KDE.
- Recibir apoio económico e organizativo.
- Contar con protección para as túas marcas.
- Contar con protección para as túas escollas en cuestión de licenza mediante o Fiduciary Licensing Agreement.
- Aumentar a túa visibilidade grazas á reputación da comunidade KDE e as ferramentas de promoción de KDE como:
- publishing project updates at KDE Blogs and employing other KDE promotion channels
- Permitir acceder ao teu proxecto desde un subdominio de kde.org.
- Ter unha canle de IRC #kde-<nome-do-proxecto> na rede Libera Chat.
- Usar KDE como marca paraugas para asociarte coa comunidade KDE nas comunicacións con sitios web e outras canles.