Skip to content

Vantaxes dun proxecto de KDE

Formar parte da comunidade internacional KDE confire certas vantaxes:

  • Repousar sobre os ombros de xigantes:
    • Aloxar proxectos na infraestrutura de KDE.
    • Aproveitar a experiencia do equipo de administración de sistemas de KDE.
    • Recibir apoio da comunidade en cuestións de desenvolvemento, documentación, tradución, probas, xestión de incidencias, etc.
    • Aproveitar oportunidades de integración cun enorme ecosistema de produtos para persoas usuarias.
    • Interactuar con equipos que comparten valores, favorecendo o intercambio de ideas e innovación.
  • Contar coa representación e o apoio do KDE e.V.:
    • Participar na Akademy e noutros eventos de KDE.
    • Recibir apoio económico e organizativo.
    • Contar con protección para as túas marcas.
    • Contar con protección para as túas escollas en cuestión de licenza mediante o Fiduciary Licensing Agreement.
  • Aumentar a túa visibilidade grazas á reputación da comunidade KDE e as ferramentas de promoción de KDE como:
    • Publicar anuncios de proxectos no Dot e usar outras canles de promoción de KDE.
    • Permitir acceder ao teu proxecto desde un subdominio de kde.org.
    • Ter unha canle de IRC #kde-<nome-do-proxecto> na rede Libera Chat.
    • Usar KDE como marca paraugas para asociarte coa comunidade KDE nas comunicacións con sitios web e outras canles.
Este manifesto está inspirados nos de desenvolvemento áxil de software e de artesanía do software.