Skip to content

Compromisos dun proxecto de KDE

Ser un proxecto de KDE implica unha serie de compromisos:

  • Respectar o código de conduta de KDE.
  • Apoiar a visión e a misión de KDE.
  • Non obrigar a asinar un acordo de licenza ás persoas colaboradoras.
  • Requisitos técnicos:
    • Seguir as boas prácticas de proxectos de KDE similares.
    • Aloxar as fontes en infraestrutura na que calquera conta de persoa colaboradora de KDE ten acceso de lectura e de escritura.
    • Os servizos por Internet asociados co proxecto están aloxados na infraestrutura de KDE ou contan cun plan de acción que asegura a súa continuidade e que ten a aprobación do equipo de administración de sistemas de KDE.
  • Dereito de autoría, marcas e patentes:
    • KDE licensing policy is respected
    • Respectar as directrices de marca de KDE.
    • Se as persoas autoras dun software o abandonan ou desaparecen, aceptan transferir a marca á seguinte persoa que o manteña.
    • Se o código ten patentes en mans do proxecto, esas patentes deben ter unha licenza libre.
Este manifesto está inspirados nos de desenvolvemento áxil de software e de artesanía do software.